lunes, 23 de enero de 2012

Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia. MapaTIC.gal


Hoy traemos a este espacio al Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, en diante MapaTIC.gal, nace co obxectivo de constituír unha plataforma web que sirva de punto de encontro virtual entre os diferentes actores que participan na Oferta-Demanda Tecnolóxica de Galicia, así como, unha ferramenta de referencia para o Centro Demostrador TIC de Galicia de cara a identificar provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia alén de potenciais demandantes de tecnoloxía.

Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, en diante MapaTIC.gal, é unha iniciativa enmarcada na Axenda Dixital 2014.gal, concretamente no programa correspondente ao Centro Demostrador TIC dentro do eixe de actuación economIC-T  “Empresa dixital e innovadora”.
O Centro Demostrador TIC e xunto con él, o MapaTIC.gal, son instrumentos para acadar o obxectivo marcado por economIC-T, conseguir empresas galegas máis dixitais, competitivas, innovadoras a través do uso efectivo das Novas Tecnoloxías e así contribuír á creación de emprego e o crecemento sustentable de Galicia. 
O MapaTIC.gal, nace co obxectivo de constituír unha plataforma web que sirva de punto de encontro virtual entre os diferentes actores que participan na Oferta-Demanda Tecnolóxica de Galicia, así como, unha ferramenta de referencia para o Centro Demostrador TIC de Galicia de cara a identificar provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia alén de potenciais demandantes de tecnoloxía.

MISIÓN
  1. Mellorar a visibilidade dos provedores, solucións e capacidades tecnolóxicas de Galicia
  2. Facilitar a transferencia de tecnoloxía e de coñecemento dentro do Sector TIC e, entre este e o resto dos sectores empresariais
  3. Potenciar a competitividade do Sector TIC galego, na medida que canaliza a oferta e a demanda das empresas
  4. Promocionar oportunidades de negocio TIC locais, na medida que facilita a identificación de provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia segundo as necesidades concretas das empresas

PLAN DE ACCIÓN

A posta en marcha do MapaTIC.gal estrutúrase entorno a cinco Fases de Execución:
FASE 0: DESEÑO MAPATIC.GAL
  • Definición de obxectivos xerais, participantes e servizos ofertados
  • Validación e recollida de propostas do Hipersector TIC de Galicia
FASE 1: OFERTA TECNOLÓXICA-DEMANDA TECNOLÓXICA
  • Rexistro de Provedores de Tecnoloxía
  • Rexistro de Demandantes de Tecnoloxía
  • Publicación de demandas tecnolóxicas
  • Acceso e actualización de datos do Rexistro de Provedores TIC
  • Acceso e actualización de datos do Rexistro de Demandantes TIC
FASE 2: INNOVACIÓN TECNOLÓXICA
  • Rexistro de Provedores de Innovación TIC e capacidades tecnolóxicas: Grupos de Investigación, Centros Tecnolóxicos, ...
  • Publicación de demandas de innovación tecnolóxica
  • Acceso e actualización de datos no Rexistro de Provedores de Innovación TIC
  • Publicación de Provedores de Innovación TIC e capacidades tecnolóxicas
  • Acceso a redes de cooperación empresarial
FASE 3: EVALUACIÓN, MANTEMENTO E CONSOLIDACIÓN
FASE 4: INTERNACIONALIZACIÓN (leer más...)

Fuente: [ cdtic]

buscador

Google